Este sábado entregáronse en Vigo os premios Xerais, cuxas obras gañadoras foran anunciadas o pasado mes de xuño. Amador Castro gañou o Xerais de novela, Rosa Aneiros o Merlín e Emma Pedreira o Jules Verne

Este sábado entregáronse en Vigo os premios Xerais, cuxas obras gañadoras foran anunciadas o pasado mes de xuño. Amador Castro gañou o Xerais de novela, Rosa Aneiros o Merlín e Emma Pedreira o Jules Verne
O Parlamento británico aproba unha emenda para conxelar a aprobación do Brexit ata que se adopte toda a lexislación necesaria para evitar a saída sen acordo. Na práctica, Boris Johnson estaría obrigado a pedir á UE unha nova prórroga, xa que a data límite para aprobar o documento era este sábado
Barcelona viviu unha nova noite de protestas violentas, que seguiron á masiva marcha pacífica convocada polo independentismo. Os disturbios deste venres remataron con 52 persoas detidas e 182 asistencias sanitarias.
O Parlamento británico debate este sábado o acordo negociado por Boris Johnson coa UE para executar o Brexit, moi semellante ás tres propostas que Theresa May levou á cámara. Prevese que a votación estará moi axustada. Té con gotas realizou un podcast especial sobre a semana decisiva do Brexit
Persoal da CRTVG pon o acento no risco de "desmantelamento" dos medios públicos galegos no venres negro número 74, impulsado dende o colectivo Defende a Galega
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, sentencia que "algo cheira a can mollado" no PSdeG "dende que o señor Gonzalo Caballero chegou" ao seu liderado porque "non se pode dicir unha cousa e facer as contrarias", acusou en referencia ás críticas do socialista polas actuacións do Concello de Ourense no programa VioGén no que, subliña, o Concello de Lugo tampouco participa.
Ampliado o prazo de envío do voto por correo nas eleccións xerais do 10N ata o 8 de novembro. A solicitude do sufraxio postal pódese realizar ata o 31 de outubro. Consulta aquí os prazos actualizados.
A Audiencia Nacional ordena pechar o sitio web da plataforma independentista catalá Tsunami Democràtic. O xuíz que deu a orde é o mesmo que investiga os CDR e, segundo fontes xurídicas, investiga a Tsunami Democràtic á procura de indicios de "terrorismo".
Feijóo cualifica de “punteira” a nova furgoneta de Toyota, presentada na delegación da Xunta en Vigo. Faino tras recomendar hai dúas semanas a Pablo Casado nun mitin que compre o novo todocamiño de Peugeot “porque ten un prezo/calidade fantástico”.
Comezan a chegar a Barcelona milleiros de persoas diferentes columnas das 'Marchas pola liberdade' organizadas pola ANC e Òmnium como resposta á sentenza do procés. Prevese que a manifestación na que confluirán adquirirá dimensións semellantes ás das Diadas máis concorridas.