Falece o cantautor portugués José Mario Branco aos 77 anos. na súa dilatada traxectoria colaborou con músicos como o Zeca Afonso e tamén autores galegos como Miro Casabella ou Suso Vaamonde.

Falece o cantautor portugués José Mario Branco aos 77 anos. na súa dilatada traxectoria colaborou con músicos como o Zeca Afonso e tamén autores galegos como Miro Casabella ou Suso Vaamonde.
As futbolistas poñen fin á folga na Primeira División ao chegar a un acordo cos clubs. O acordo inclúe un salario base de 16.000 euros anuais e unha parcialidade do 75%.
O Parlamento debate este luns as emendas á totalidade dos Orzamentos de 2020 e á súa lei de acompañamento. En ambos casos serán rexeitadas polos votos do PP. As principais cifras das contas públicas para o vindeiro ano, neste espazo de Praza.gal
O BNG mantén hoxe o primeiro contacto formal co PSOE cara á investidura de Pedro Sánchez. Néstor Rego, deputado electo, reúnese este mediodía coa voceira parlamentaria e vicesecretaria xeral socialista, Adriana Lastra. Na imaxe, Rego no Consello Nacional do Bloque, o pasado sábado, durante a intervención de Ana Pontón.
As persoas participantes no IV Foro de Agroecoloxía sinalan a "necesidade urxente de cambiar o modelo económico pola emerxencia climática". Na segunda sesión deste encontro, celebrado en Herbón, debateuse como virar a actual tendencia consumista "para transformala en ferramenta de loita contra o quecemento global do planeta".
Burela leva a cabo este domingo a repetición dos comicios municipais nunha mesa electoral na que non se puideron revisar seis votos anulados. Burela Sempre podería acadar un concelleiro ou ben podería manterse o resultado provisional do 26M, que lle outorgaba 6 edís ao PSdeG, 4 ao PP e 3 ao BNG.
Herbón acolleu este sábado o inicio do IV Foro Labrego de Agroecoloxía, organizado pola Asociación Herbamoura e co que colabora o Sindicato Labrego Galego. O Foro, que remata este domingo dedicou a súa primeira xornada a analizar a interrelación entre a agricultura e o cambio climático e as respostas que se están a deseñar e poñer en práctica tanto dende os poderes públicos como dende as propias labregas e labregos.
Morre aos 34 anos o xornalista Pablo López Orosa. O autor da novela 'Fálame do silencio' (Xerais) regresara hai días dunha viaxe a Mozambique. Como xornalista freelance cubrira numerosos conflitos internacionais, do sudeste asiático a África pasando por América Latina. Hai uns meses afirmaba nesta entrevista que "a maior derrota que sufrimos neste tempo como sociedade foi a perda da esperanza, a idea de que non hai alternativa posible”
Pedro Sánchez modula o seu discurso sobre o independentismo para atraer a ERC e ter goberno en decembro. O presidente fala de "crise política" e non descarta a mesa de negociación que reclama Esquerra
VÍDEO | Tanxugueiras regresan cun novo videoclip de aires 'rosalianos'. En VINTE cóntannos todo sobre Perfidia