Pedro Sánchez modula o seu discurso sobre o independentismo para atraer a ERC e ter goberno en decembro. O presidente fala de "crise política" e non descarta a mesa de negociación que reclama Esquerra
Fálase
VÍDEO | Tanxugueiras regresan cun novo videoclip de aires 'rosalianos'. En VINTE cóntannos todo sobre Perfidia
Sabela Ramil lanza Despedida, o primeiro single do seu disco. Faino cun fermoso videoclip fotografado por Lucía C. Pan. Todos os detalles, en VINTE
Hai hoxe 75 anos constituíase en Montevideo o Consello de Galiza, concibido por Castelao e outros persoeiros da época como Goberno galego no exilio. Tivera á fronte ao propio Castelao e mais a Elpidio Villaverde, Ramón Suárez Picallo e Alonso Ríos. Na imaxe, o acto de Constitución do Consello, conservada pola Fundación Isla Couto.
O temporal deixa máis de 700 incidencias en múltiplos puntos de Galicia, segundo o 112. As máis frecuentes foron as caídas de árbores e pólas por mor do forte vento, caso da acontecida na avenida Ramón Ferreiro de Lugo -na imaxe, os traballos de retirada-. Hoxe a alerta é laranxa na costa e tamén por neve na montaña lucense, onde volven estar suspendidas as clases.
A Fiscalía do Tribunal de Contas reclama 690.000 euros ao presidente do Porto da Coruña e a un alto cargo da institución por presuntas irregularidades nunha contrata do porto exterior. É unha información que adianta La Opinión de A Coruña. O ente fiscalizador ten en marcha o procedemento para axuizar "irregularidades contables" e sobrecustos de ata o 27% na construción da infraestrutura de Punta Langosteira.
O PP volve propoñer o ex-alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a ex-líder do partido en Vigo, Elena Muñoz, como senadores por designación do Parlamento de Galicia Ambos ex-conselleiros xa foran designados para estes postos o pasado xuño. O Parlamento ten que volver designar tres prazas na Cámara Alta tras as eleccións xerais. A terceira praza será para o socialista Xoaquín Fernández Leiceaga, por ser agora o PSdeG a segunda forza parlamentaria.
As clases continuarán suspendidas este venres na montaña de Lugo por mor do temporal de neve. Na zona agárdanse espesores superiores aos 20 centímetros. Na imaxe -de arquivo-, unha máquina quitaneves da Deputación de Lugo.
A alerta vermella no mar deixa ondas de ata 11 metros en Estaca de Bares e refachos de vento superiores aos 120 quilómetros por hora en Malpica ou Lira e de máis de 100 km/h na Coruña, segundo Meteogalicia. Entre as principais incidencias atendidas polo 112 destaca un tornado que tirou "varias árbores e cables de alumeado público" en Arteixo e estragos nun pendello en Ordes, así como numerosas incidencias no tráfico.
Máis de 200 persoeiros do mundo académico e cultural internacional asinan un manifesto que reclama unha "rolda de negociacións" para "unha saída política" ao "conflito" en Cataluña. Entre as persoas que o impulsan figuran sinaturas galegas como as de María Xosé Agra, Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas, Víctor Sampedro ou Suso de Toro. O texto íntegro do manifesto pódese consultar aquí e nesta ligazón é posible asinalo.