Visto e prace definitivo dos gobernos da UE ao plan formulado polo Goberno de España para recibir 69.600 millóns de euros dos fondos de recuperación pola COVID, 9.000 deles xa nas vindeiras semanas. O coñecido como Ecofin (consello dos ministros e ministras de Economía e facenda da Unión) aprobou tamén os plans de Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Eslovaquia, Francia, Grecia, Italia, Letonia, Luxemburgo e Portugal. [Imaxe: © Aurore Martignoni, EC - Audiovisual Service]
