O pleno do Parlamento aproba o nomeamento de seis novos membros do Consello de Administración da CRTVG: 4 están propostos polo PP mentres que BNG e PSdeG teñen cadansúas representantes. O órgano ten un mandato por cinco anos pero segue presidido por Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral de 2009 e que permanece no cargo por tempo indefinido en virtude dunha reforma aprobada en solitario polos populares en 2015.
Fálase
A cooperativa audiovisual Xarda vén de publicar o vídeo 'Seixo vive: a loita veciñal pola sanidade pública', que recolle a mobilización que está a producirse en catro parroquias de Marín en defensa do seu centro de saúde e en denuncia do seu progresivo "desmantelamento", pola non cobertura de prazas de profesionais.
A Xunta inclúe Asturias, Castela e León e Portugal na lista de territorios coa obriga de control pola COVID de viaxeiros que cheguen a Galicia. Unha nova actualización da anterior listaxe publicada hai dúas semanas deixa só cinco comunidades autónomas fóra da obriga de declaración.
Toman posesión os novos membros do Goberno de España tras a profunda remodelación aprobada por Pedro Sánchez. Os nomeamentos e asignacións de competencias foron publicados este luns no BOE. Na imaxe, Sánchez coas ministras e ministros, tras as tomas de posesión ante o Rei, no Palacio de La Zarzuela (Madrid) [Imaxe: © Goberno de España]
A manifestación convocada por unha ducia de colectivos contra as violencias LGBTIfóbicas e baixo o lema “ante o odio e a violencia, non mostres indiferenza" percorreu as rúas da Coruña, dende a Praza da Palloza ata a Praza de María Pita. Nesta entrevista falamos cos colectivos que a impulsaron.
A plataforma Interior Galego Vivo celebrou este sábado no Courel a súa IV Asemblea, que elixiu unha Coordinadora composta por representantes das distintas agrupacións locais que a conforman. A entidade inclúe candidaturas de Antas de Ulla, A Pobra de Brollón, Carballedo, Chantada, Chandrexa de Queixa, Ferreira de Pantón, Folgoso do Courel, Laza, Manzaneda, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, O Saviñao, Palas de Rei, Pereiro de Aguiar, Quiroga, Samos, Sober, Taboada, Touro, Trives, Vilalba e Xinzo de Limia.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este sábado o parque natural das Dunas de Corrubedo, onde cualificou cun "suspenso" a política medioambiental da Xunta. Caballero avogou por unha lei galega contra o cambio climático e lembrou que só dous dos seis parques naturais galegos contan cun plan de usos e xestión; no caso de Corrubedo “houbo que agardar 30 anos para que saíra adiante", apuntou. Ademais, denunciou que só tres das 72 especies en perigo de extinción contan en Galicia co plan de recuperación que esixe a lei.
A Cadena SER adianta que Pedro Sánchez anunciará este sábado unha remodelación do seu Goberno, con cambios que "afectarán a carteiras fundamentais e ás estruturas de coordinación do Gabinete" pero da que quedarán fóra os departamentos responsabilidade de Unidas Podemos. Segundo esta información, tomarán posesión o luns e xa acudirán ao Consello de Ministros do martes.
O BNG presenta a súa campaña do Día da Patria baixo o lema 'Galiza sen límites'. A portavoz nacional da formación, Ana Pontón, sinala que a campaña pretende transmitir "que é posíbel construír unha Galiza con futuro, basta con ter un liderado político sen ataduras que confíe no potencial do país". Terá como acto central a tradicional manifestación do Bloque o propio 25 de xullo en Santiago, adaptada por segundo ano ás restricións da pandemia.
A xuíza envía a prisión provisional a tres dos catro primeiros detidos polo asasinato de Samuel Luiz. Están investigados por "homicidio ou asasinato", segundo confirman fontes do TSXG, que indican que o tipo delitivo que lles é imputado será "definido no transcurso da instrución" xudicial. A cuarta detida queda coa obriga de comparecer no xulgado.