Lula da Silva e Dilma Rousseff, absoltos no caso no que eran acusados xunto a outros cargos de desviar diñeiro de empresas públicas para campañas electorais do Partido dos Trabalhadores. (Imaxe: PT)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/lula-e-dilma-e44de76.jpeg)
Lula da Silva e Dilma Rousseff, absoltos no caso no que eran acusados xunto a outros cargos de desviar diñeiro de empresas públicas para campañas electorais do Partido dos Trabalhadores. (Imaxe: PT)
A Mariña vólvese mobilizar, desta volta en Foz, para reclamar ao Goberno central a aprobación do estatuto da industria electrointensiva como vía para garantir a continuidade da factoría de Alcoa en San Cibrao. (Imaxe: CIG)
Unha ducia de concentracións convocadas polo movemento feminista protestan en toda Galicia contra o peche da sala de partos de Verín
Julio Abalde seguirá a ser o reitor da Universidade da Coruña. O candidato de Nova Luce impúxose a Fernando Martínez Abella nas eleccións celebradas este mércores na UDC. Consulta aquí toda a información sobre os resultados
O Concello da Coruña anula a cesión dun espazo municipal para a celebración dun "coloquio sobre homeopatía" este xoves. Nun comunicado, o goberno local sinala que o permitira "ao entender que se trataba dun debate sobre a pseudociencia coa participación de profesionais colexiados" da saúde, pero ao comprobar que se trata "da presentación dunha asociación a prol da pseudociencia", decidiu "anulalo"
A zoqueira Elena Ferro leva un dos Premios Nacionais de Artesanía que outorga o Ministerio de Industria como recoñecemento ao conxunto da súa obra. Neste certame tamén foi distinguida a tamén galega Paula Ojea pola súa colección de cerámica Cut&Fold, que levou o premio ao mellor produto. (Imaxe: Ministerio de Industria)
O PP anuncia que recorrerá ante o Constitucional as promesas dos membros do Congreso que, xunto ao acatamento, agregaron outras palabras sobre Catalunya, Euskadi ou Galicia, caso do deputado do BNG, Néstor Rego. O propio Constitucional xa avalou en 1990 (sentenza íntegra nesta ligazón) a posibilidade de agregar outras expresións alén do "formalismo ríxido" en aras de dereitos como a "liberdade ideolóxica".
PSOE e ERC aceleran nas negociacións para a investidura deseñando unha mesa de diálogo entre os gobernos español e catalán.
Denunciado por maltrato animal o cazador que maltratou e disparou a unha cadela en Chantada ata matala.
A socialista Meritxell Batet, reelixida presidenta do Congreso dos Deputados en segunda votación con 166 votos a prol. O BNG optou pola abstención e na primeira votación, Rego introduciu unha papeleta na que escribiu "sempre por Galiza". A sesión constitutiva da Cámara Baixa na XIV lexislatura estatal, ao vivo nesta ligazón. No Senado, a tamén socialista Pilar Llop foi elixida nova presidenta, igualmente en segunda votación con 130 apoios. Consulta aquí a información da sesión