O conselleiro de Cultura recibe no Gaiás á "fallera maior de València", Carmen Prades, e "á súa corte" nun encontro para "coñecer máis sobre esta celebración", indica José López Campos [Imaxe: CC BY-SA Xoán Crespo / Xunta]
O conselleiro de Cultura recibe no Gaiás á "fallera maior de València", Carmen Prades, e "á súa corte" nun encontro para "coñecer máis sobre esta celebración", indica José López Campos [Imaxe: CC BY-SA Xoán Crespo / Xunta]
O Parlamento aproba cos votos a prol de PP, BNG e PSdeG e a abstención de DO a lei de urxencia para emendar o erro da Xunta que impedía desgravar na vindeira declaración da renda os libros de texto ás familias que os pagaron en efectivo. Nacionalistas e socialistas reprochan ao Goberno galego que tivese que optar por estas vía para poñer un "remendo" na súa propia "chapuza". Nas imaxes; o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, e Alberto Pazos (PP), Noa Presas (BNG) e Aitor Bouza (PSdeG), durante o debate [© Parlamento].
CCOO rexeita a última proposta da patronal de transporte de viaxeiros da Coruña e non asinará o convenio. A afiliación do sindicato di non ao acordo, rexeitamento que se une á negativa da CIG. A decisión pon fin á negociación levada a cabo no Consello Galego de Relacións Laborais sen a aprobación dun novo convenio colectivo, o que abre a posibilidade de que se reinicie a folga.
Falece o mozo de 19 anos ferido no incendio no barrio de Recimil en Ferrol. Un bombeiro perdeu unha perna no mesmo sinistro, que agudizou o debate sobre a escaseza de persoal de emerxencias no concello. Ademais, unha muller permanece grave e un menor de tres anos está baixo vixilancia na UCI pediátrica.
Pedro Sánchez anuncia a "desclasificación dos documentos do 23F" para "saldar unha débeda histórica coa cidadanía". "As democracias deben coñecer o seu pasado para construír un futuro máis libre", sinala o presidente do Goberno de España nunha mensaxe na que argumenta, 45 anos despois da operación golpista, que "a democracia non pode estar baixo chave". A decisión, avanza, formalizarase este martes no Consello de Ministros. [Imaxe: Gravación de RTVE]
✍️45 anos despois do golpe recuperamos esta reportaxe que elaboramos en Praza.gal polo cuadraxésimo aniversario, na que conversamos con militantes da esquerda sobre as súas vivencias daquel tempo e reconstruímos os nomes galegos das 'listas negras' que os golpistas manexaban
Controversia en Portugal ao prohibir a Policía no estadio do Sporting Clube de Braga un tifo que reivindica a relación histórica con Galicia ou referentes do antigo Reino suevo no derbi do Minho fronte ao Vitória de Guimarães. A Policía de Segurança Pública (PSP) obrigou a retiralo entre duras críticas da afección e tamén do club, que nun comunicado oficial considera que "em 2026 exista em Portugal uma força de segurança que rasura mensagens pela análise da sua significância é algo que a todos, enquanto sociedade, nos deve preocupar, não podendo deixar de ser notado o forte odor a outros tempos, nada saudosos". O SC Braga anuncia que prevé recorrer a todas as instâncias no sentido de assegurar que este lamentável episódio" de censura "não mais se repetirá". [Imaxe: © SC Braga]
O Marineda Hockey da Coruña proclámase campión da Copa Princesa tras derrotar o Alcalá por 3-2 na final. O equipo galego, fundado o pasado ano, acada o primeiro título e mantense líder na loita por ascender á máxima categoría.
Alfonso Rueda celebrou os dous anos da vitoria electoral por maioría absoluta e culpou o Goberno central de deixar a provincia de Lugo "sen conexión eléctrica para que non haxa unha industria", en referencia ao arquivo do expediente de Altri, empresa que non citou durante a súa intervención. O presidente da Xunta cargou contra "quen se opón por sistema a que haxa industria".
A organización xuvenil vasca Gazte Koordinadora Sozialista (GKS) reivindica nun vídeo a vandalización do busto de Manuel Fraga polo 50º aniversario dos sucesos de Vitoria. O PPdeG condena que "un grupo radical presuma" do acto e pide a BNG e PSOE "que se sumen á condena e non o avalen como parte da súa estratexia de conflito". O ex-presidente da Xunta era ministro de Gobernación no goberno de Franco cando a policía armada matou cinco folguistas nunha asemblea obreira.
A Xunta desactiva o Plan Inungal para a vixilancia dos ríos por posibles desbordamentos logo de máis dun mes. Ningunha estación presenta risco tras varias semanas de abundantes chuvias.