O Baxi Ferrol volve á elite do baloncesto feminino tras proclamarse gañador da segunda división. Ascende así á Liga Endesa na que xa está o Durán Maquinaria Ensino de Lugo.
Fálase
O Breogán gaña o derbi galego na ACB en Santiago fronte o Obradoiro (67-74).
Na noite do sábado ao domingo cambia a hora e ás 2 serán as 3.
A Federación recoñece o Deportivo como campión do Concurso de España de 1912, o que supón o sétimo título da historia do club, que se suma á liga, dúas copas e tres supercopas que xa tiña.
A nova xornada de folga na CRTVG iníciase coas redaccións baleiras e a suspensión xa de varios programas na TVG e na Radio Galega. O magazine A Revista non se emitiu por mor do paro do persoal "contra a represión e a manipulación", ao igual que o programa Pensando en ti na radio. O informativo Bos días ve alterado o seu guión e ten que prescindir dos deportes, d'O Tempo e do faladoiro. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Galiza: espelho da autonomia. A canle de televisión portuense Porto Canal dedica unha ampla reportaxe multimedia aos corenta anos da autonomía galega coa participación de múltiples representantes políticos e sociais, percorridos pola Coruña, Vigo ou Santiago, a asistencia a unha sesión do Parlamento ou análises da importancia dos medios públicos de comunicación ou de empresas como Inditex. A reportaxe aborda tamén as relacións galego-portuguesas e a posibilidade de que o noso país poida ser un referente para instituír en Portugal un modelo autonómico.
As autoridades portuguesas deciden remolcar ao porto de Leixões o petroleiro que sufriu un incendio na Foz do Douro, fronte ás costas do Porto, mentres transportaba combustible para avións. Segundo o capitan deste porto, Silva Rocha, non existe risco de verteduras de combustible ao mar dende o Greta K, de bandeira maltesa. Na imaxe, soldados da Mariña portuguesa accedendo ao buque incendiado.
A Xunta aproba recorrer o imposto do Goberno de España ás grandes fortunas ante o Tribunal Constitucional. Faino, esgrime o presidente Rueda, para preservar descontos tributarios da Xunta ás rendas altas como as aprobadas recentemente no imposto de patrimonio. Na imaxe, reunión do Consello da Xunta deste xoves [CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
- AMPLIAMOS 👉 A Xunta recorre o imposto estatal ás grandes fortunas na defensa da súa rebaixa tributaria ás rendas máis altas
- HEMEROTECA | Menos impostos aos soldos baixos fronte a rebaixas con extra para ricos: colisión tributaria entre Estado e Xunta
- HEMEROTECA | Os beneficiarios da nova rebaixa de impostos da Xunta dispararon un 55% o investimento en coches, xoias e peles na pandemia
O Ministerio do Interior do PP espiou xornalistas sen orde xudicial para buscar filtracións, segundo revela este xoves a Cadena SER. A información tírase do sumario do caso Kitchen, no que está investigado o ex-ministro Jorge Fernández Díaz e o seu secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, entre outros, por presuntamente artellaren unha operación policial ilegal para buscar e destruír probas que inculpasen o PP no caso Gürtel.
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña denuncia ante a Fiscalía o Concello por incumprimento da Lei de Memoria Democrática ao manter unha rúa e un cadro de honra no Consistorio en homenaxe a Peñamaría de Llano, ex-alcalde e líder da represión fascista en Valdeorras. O seu nome figura como un dos que se debería eliminar segundo o informe encargado polo goberno local ao instituto José Cornide.