A alerta de nivel 2 por calor manterase tamén mañá luns na provincia de Pontevedra e ata o martes na de Ourense, con previsións de temperaturas por riba dos 39 graos.
Fálase
José Manuel Rey Varela volverá ser o candidato do PP á alcaldía de Ferrol. O actual presidente dos populares na cidade, voceiro municipal do grupo e deputado autonómico presentou este sábado no comité executivo a súa proposta de candidatura que será ratificada nunhas semanas.
Un incendio en Arbo obriga a activar a alerta pola proximidade a un núcleo de casas. O lume iniciouse na parroquia de Mourentán e afectou xa 50 hectáreas. Foto: Brif Laza.
Elena Candia será a candidata do PP á alcaldía de Lugo tras ser proposta pola xunta directiva local este venres nunha cita á que acudiu Alfonso Rueda. A ex-alcaldesa de Mondoñedo e presidenta da Deputación de Lugo durante tres meses en 2005 será ratificada polo comité autonómico dos populares na vindeira semana.
Viveiro acolle este sábado a quinta edición do festival ETHER de música electrónica, que retorna despois da pandemia. Será a partir das 13.00 horas nos xardíns Noriega Varela, con entrada gratuíta, e ademais da música haberá actividades para nenos e formativas.
Abanca gaña 104,3 millóns no segundo trimestre do ano, cun incremento do beneficio recorrente do 14,3%, e supera os 110.000 millóns de euros en volume de negocio. A entidade bancaria que incrementou en máis dun 60% as altas de clientes de fóra de Galicia con respecto ao ano pasado.
O dato adiantado do IPC para o mes de xullo sitúase no 10,8% de incremento interanual para o conxunto do Estado, segundo o INE. O detalle da suba de prezos para Galicia coñecerase cando o índice de prezos ao consumo sexa definitivo. O pasado xuño en Galicia superou o 11%, un punto por riba da media. [Imaxe: CC-BY-SA Victoriano Izquierdo / Unsplash]
O DOG publica as convocatorias de diversas axudas para paliar os efectos dos incendios dos últimos días, entre elas as destinadas a vivendas. Nese caso, as axudas da Xunta serán complementarias dos seguros e cubrirán un gasto máximo de 122.000 euros para as vivendas habituais e de 61.000 euros para as segundas residencias. [Na imaxe, casas ardendo na Veiga de Cascallá -CC BY-SA Praza.gal / Cedida]
Xa se pode escoitar enteiro o novo disco das Tanxugueiras, Diluvio, nas principais plataformas, ademais de mercalo no seu web. Cadrando co lanzamento, as cantareiras publicaron tamén o videoclip do seu novo sinxelo, Fame de odio.
- HEMEROTECA - ENTREVISTA | "Queremos demostrar que a nosa música tradicional pode ter a mesma proxección que calquera outra"
EPA | A poboación ocupada aumentou en Galicia nunhas 13.800 persoas no segundo trimestre do ano e chega aos 1,11 millóns, un 2,65% máis que no mesmo trimestre do 2021, mentres que a media estatal ascendeu ao 4,05%. No mesmo trimestre, a poboación en desemprego diminuíu nunhas 1.600 persoas, ata as 139.400, o que supón un descenso interanual do -8,49% (-17,62% na media do Estado).