O val do Miño estará en aviso amarelo este mércores en Ourense e Pontevedra por temperaturas superiores aos 34º por unha entrada de aire africano.
Fálase
O Tribunal Supremo avala que Concello e Xunta limitaron correctamente en 2016 aos barrios históricos de Vigo e Bouzas a liberdade horaria por motivos turísticos, fronte á Asociación Nacional de Grandes Empresas de Distribución (Anged) que reclamaba máis liberdade.
12X | Ciudadanos volve reclamar a confluencia co PP para as eleccións galegas. Segundo a súa voceira, Beatriz Pino, faino para frear a "ameaza real" de que en Galicia gobernen as formacións da actual oposición, ás que define como "nacionalistas e populistas". "Xa vemos quen son os aliados do BNG no Congreso", engade.
O xuíz instrutor do accidente de Angrois volve aprazar a comparecencia de catro testemuñas sobre o posible borrado de datos do tren ao 10 de xullo, dúas semanas antes do sétimo aniversario do sinistro. Será nove meses despois de que un ex-mecánico de Talgo denunciase eivas no Alvia e se producisen sucesivos aprazamentos das comparecencias, os dous últimos polas restricións obrigadas polo coronavirus.
A Policía Local de Lugo rescata do tráfico unha cría de bufo incapaz de voar e trasládaa ao centro de recuperación de fauna do Veral.
12X | Unha enquisa de NC Report para La Razón sitúa o PP entre 1 e 2 escanos por riba dos 38 da maioría absoluta, con 39 ou 40 -agora ten 41-. O PSdeG sería segunda forza con entre 18 e 19 -hai catro anos quedou en 14- e o BNG, como terceira forza e grupo que máis medraría, con 11 -agora ten 6-. A cuarta forza do Parlamento sería Galicia en Común con 6 escanos, segundo este inquérito. A esquerda precisaría tres escanos máis para formar un Executivo alternativo.
O BNG pide á Xunta Electoral que interveña para evitar que Feijóo "utilice" a TVG e a Radio Galega "na súa precampaña". A portavoz do Bloque, Ana Pontón, esixe "garantías sanitarias e democráticas" de cara ao 12X. O persoal da CRTVG xa advertiu da "manipulación informativa" en favor do PP durante a pandemia.
Feijóo pide ao Goberno central que non haxa máis prórrogas do estado de alarma en Galicia porque "as cousas van indo ben". Sánchez pediulle "cautela", segundo informa eldiario.es.
O BNG repite listas para o 12X e Ana Pontón mantén a súa "ilusión de ser a primeira muller presidenta" da Xunta.
A Xunta reclamou este venres ao Goberno central mobilidade entre provincias nos concellos limítrofes, para visitar familiares e para ir ás segundas residencias. Asegurouno o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que espera unha resposta "nun BOE extraordinario nas vindeiras horas".