Rajoy ratifica que en 2018 entrará en servizo o treito Zamora-Sanabria do AVE. O anuncio, realizado no balance político do ano do presidente do Goberno, prodúcese despois de que Adif contradixese ao ministro e anunciase nas súas previsións oficiais a apertura xa este ano 2017. O 2018 era a data prometida no Pacto do Obradoiro entre Blanco e Feijóo para o remate de toda a liña entre Galicia e a Meseta, adiado agora á próxima década.
