O PP confirma que o vicepresidente Francisco Conde será cabeza de lista ao Congreso por Lugo e precipita unha crise de Goberno na Xunta, xa que a condición de conselleiro é incompatible coa de candidato ás xerais. Miguel Tellado será número un pola Coruña, a ex-ministra Ana Pastor encabezará a candidatura de Pontevedra e Ana Belén Vázquez, a de Ourense.
Fálase
Morre aos 86 anos de idade o empresario e ex-primeiro ministro italiano Silvio Berlusconi. O polémico político, condenado xudicialmente en varias ocasións, dirixiu o país nos períodos 1994-95, 2001-06 e 2008-11. Estivo ingresado en abril na unidade de coidados intensivos por problemas pulmonares e cardiovasculares. Imaxe: EPP (CC BY)
- HEMEROTECA | TRIBUNA - O inmediato futuro de Italia: unha explicación do melonismo
A Real Academia Galega e PuntoGal dan a coñecer os nove gañadores e gañadoras da sexta edición do seu Concurso de microrrelatos. Na modalidade de persoas adultas o gañador do primeiro premio, foi Nel Vidal, mestre no IES Rego de Trabe de Culleredo, o mesmo que a gañadora do terceiro, Mónica Fraga; a costureira e contacontos Nanda Costas fíxose co segundo premio.
Na categoría xuvenil as gañadoras son Andrea Bravo López, alumna do IES do Milladoiro; Mencía Jorge Cabaleiro, estudante do IES Castelao de Vigo; e Beatriz Martínez García, do IES de Cacheiras. Na categoría infantil as premiadas son Ainhoa Valverde Silva, do CPI de Cova Terreña; Arwen Fernández García, do CEIP Humberto Juanes; e Mai Lemmen, do CEIP Castrelo de Miño
Pontón, partidaria de que as eleccións galegas se celebren decontado: "Canto antes poidamos celebrar eleccións, antes poderemos cambiar o rumbo deste país", afirma a portavoz nacional do BNG en entrevista con Radio Galicia da Cadena SER.
A dirección do PSdeG é partidaria de non formar parte do goberno local de Santiago, que encabezará o BNG. Esa é a "opción principal" dos socialistas galegos que, no entanto, aseguran que a decisión será consensuada co grupo municipal.
O PSdeG celebrará en setembro as primarias para elixir a persoa candidata á Xunta. Así o vén de anunciar o secretario xeral da formación, Valentín González Formoso, na apertura do comité nacional dos socialistas galegos. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Detido un dos homes atrincheirado nunha casa en Boiro logo de agredir presuntamente a súa parella. As dúas persoas permaneceron varias horas pechados na vivenda logo dun altercado de madrugada.
Cargos do PP lograron praza fixa na Deputación de Ourense un mes antes do 28M. Dirixentes do PP ourensán designados a dedo por Baltar formaron parte dos tribunais que valoraron os aspirantes, segundo informa El País. Entre os beneficiados, dous alcaldes e unha concelleira populares.
Galicia vence 2-0 a Irlanda na primeira xornada da Copa das Rexións da UEFA, con máis de 1.400 persoas nas bancadas do campo de Burgáns, en Cambados. Os goles de Iñaki Martínez e Jony deron a primeira vitoria á selección galega amateur, que volve xogar o domingo.
23X | Sumar e Podemos asinan o acordo para concorreren en coalición ás eleccións xerais con Yolanda Díaz como principal cabeza de cartel. Na plataforma intégranse tamén outras formacións como IU, Catalunya en Comú, Compromís, Más Madrid, a Chunta Aragonesista ou Drago, entre outras. Ambas formacións aínda teñen dez días para seguiren negociando a composición das listas nas circunscricións en que se presenten. A marca da formación en Galicia será Sumar Galicia, con Marta Lois como referente.