A illa de San Simón xa é Lugar de Memoria Democrática. O BOE publica a resolución definitiva que así o declara, culminando un proceso iniciado hai un ano. Esta resolución chega unha semana despois da que tamén declarou Lugar de Memoria Democrática a Meirás.