Xunta, Concello de Santiago e Goberno de España celebran o vixésimo aniversario da promulgación do Estatuto de Capitalidade de Compostela, aprobado por unanimidade do Parlamento en 2002. O alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, coida que oficializar a capitalidade "foi o resultado da unión de todos e unha demostración práctica de que determinados temas deben retirarse do debate político, poñendo o ben do país por enriba de todo". [Imaxe: CC-BY-SA David Cabezón / Xunta]
