28M | José Tomé reitera a súa "total tranquilidade" co mantemento da Deputación de Lugo para PSdeG e BNG. O actual presidente da institución e previsible aspirante a revalidar mandato subliña que a tensión do reconto se debeu a que "faltaban por engadir datos do Partido Socialista que se transmitiran mal", razón pola cal tamén o sitio web de resultados provisionais do Ministerio do Interior reflectiu unha maioría absoluta do PP. "Temos maioría absoluta o PSdeG e o BNG" e "estamos moi satisfeitos", sinala o tamén alcalde de Monforte, quen coida que os recontos definitivos na Xunta Electoral "non van modificar nada" no que ao xogo de maiorías se refire.
