28M | Pedro Sánchez adianta as eleccións xerais para o 23 de xullo tras a forte perda de poder territorial do PSOE o 28M. Se Alfonso Rueda quixese adiantar as eleccións galegas para facelas cadrar coas xerais tería que tomar a decisión este mesmo luns para cumprir cos prazos legais da convocatoria.
Fálase
28M | No conxunto do Estado o 28M estivo marcado polo triunfo da dereita, que pode lograr boa parte do poder territorial que estaba en xogo tanto en moitos dos principais concellos como en autonomías que renovaban os seus parlamentos. O PP de Feijóo precisará coalicións coa extrema dereita de Vox en varios destes territorios. Máis información en infoLibre [Imaxe: © PP]
Deportivo-Castellón e Celta B-Eldense serán as eliminatorias dos equipos galegos para ascender a Segunda División tras lograr este sábado o Racing de Ferrol o ascenso directo.
Chuvascos localmente fortes na maior parte de Galicia durante a xornada electoral, segundo a previsión de Meteogalicia.
O Racing de Ferrol gaña 2-0 ao Celta B e volve a Segunda División quince anos despois ao proclamarse campión de Primeira Federación na última xornada de liga. Deportivo e Celta B xogarán as eliminatorias de ascenso ao quedaren entre os cinco primeiros do Grupo 1 da mesma categoría.
Justo Beramendi recibiu este sábado a insignia de ouro do Museo do Pobo Galego, que dirixiu durante unha década.
Luz Casal, galardón honorífico nos 10º Premios Martín Códax da Música. A artista de Boimorto recibirá o recoñecemento das músicas e músicos galegos na gala de entrega dos galardóns o vindeiro 7 de xuño en Pontevedra.
Talgo anuncia que os seus trens Avril, que Renfe empregará na liña entre Galicia e a Meseta, entre outras, "poderán circular en servizo comercial en novembro". A empresa demorou as datas de entrega previstas polo proceso de homologación e certificación da seguridade dos trens.
O conflito do metal recrúa en Lugo, cunha terceira xornada dunha folga que vai "en aumento", segundo os sindicatos, que cifran no 100% o seguimento do paro e acusan a patronal de querer "tomarlles o pelo". Foto: CIG.
O BOE publica a Lei polo dereito á vivenda, que entrará en vigor este venres con limitacións ás subas do alugueiro e máis controis sobre ‘zonas tensionadas’.