O número de casos de coronavirus rexistrados en todo o planeta vén de superar os 5 millóns, con 328.368 mortes, segundo os datos da Johns Hopkins University. Segundo a OMS, este mércores foi o día cun maior incremento de casos dende o inicio da pandemia (+106.662), debido ao importante crecemento que se segue dando nos Estados Unidos, Rusia, Brasil e o resto de América Latina.
