Pedro Sánchez responde a Néstor Rego (BNG) que a posibilidade de mobilidade interprovincial chegará "pronto" a Galicia grazas á "situación epidemiolóxica" do coronavirus no país. "É un debate que tamén tivemos co Goberno de Galicia", sinalou o presidente do Goberno central ao deputado do BNG, que pediu nas súas emendas ao estado de alarma introducir xa a posibilidade deses desprazamentos e, ao non seren aceptadas, manterase na abstención.
