PSOE, Unidas Podemos e EH-Bildu acordan a derrogación dos aspectos máis lesivos da reforma laboral de 2012, como a supremacía dos convenios colectivos de empresa sobre os sectoriais ou a posibilidade de despedimento por absentismo causado por baixas por enfermidade. Nun comezo indicárase que o acordo implicaba a derrogación "íntegra" e que se levaría a cabo nas vindeiras semanas, pero horas despois o PSOE difundiu unha rectificación.
