A Coruña reduce o límite de velocidade a 30km/hora en toda a cidade para todas as vías dun carril para cada sentido, agás algunha excepción. Nas rúas con plataforma única en calzada e beirarrúa, a velocidade será de 10 km/h. A urbe herculina convértese en Cidade 30, como tamén o é dende hai anos Pontevedra. Numerosas localidades están a aproveitar a actual situación para que os peóns e a mobilidade sostible gañen espazo nas súas rúas.
