As tres universidades galegas e a Xunta pactan planificar de forma conxunta as titulacións nos vindeiros anos. Os centros aceptan que a creación dun novo grao non implicará a suma de máis prazas, senón que levará aparellada a desaparición doutro grao ou o recorte doutros. Primará a adaptación "a novos perfís profesionais" e a especialización dos campus
