O BNG pecha o prazo de candidaturas á súa Asemblea cunha "única lista de consenso", a encabezada por Ana Pontón como portavoz nacional. A Executiva amplíase de 15 a 19 membros "coa vista posta" nas municipais. Pontón debullou nesta entrevista con Praza.gal os "retos" da formación cara á cita asemblear da vindeira fin de semana.
