A Fiscalía da Audiencia Nacional tramita unha denuncia dunha asociación monárquica contra a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. O colectivo Concordia Real Española, que tamén denunciou a Pere Aragonés (ERC) e Teresa Rodríguez (Adelante Andalucía) acusa a líder do Bloque de "inxurias" á Coroa ante o Ministerio Público por afirmar, por exemplo, que "queremos que xulguen os Borbóns por ladróns", publicou o ABC. A asociación denunciante foi creada o pasado xullo e ten como voceiro a Alfredo Urdaci, xefe de informativos de TVE na etapa de Aznar.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/foto-anaponton-presenta-goberno-gz-1-f9baa38.jpeg)