O Goberno inicia o procedemento para declarar o Campo de Aragón de Ourense como Lugar de Memoria Democrática, segundo avanzou este sábado o secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez López, nunha visita á cidade.
O Campo de Aragón, situado nos terreos do antigo cuartel de San Francisco de Ourense, foi escenario de numerosos fusilamentos tras o golpe de Estado de xullo de 1936. Segundo a documentación histórica recolleitada no expediente, entre 1936 e 1939 foron asasinadas alí 133 persoas, entre elas o alcalde da cidade, Manuel Suárez Castro, e Erundina Álvarez Pérez, única muller executada neste lugar.