A SD Compostela ascende a Segunda Federación. Malia perder na volta da final do play-off en Badalona (2-0), fixo bo o 3-0 da ida para regresar á cuarta categoría do fútbol estatal.
A SD Compostela ascende a Segunda Federación. Malia perder na volta da final do play-off en Badalona (2-0), fixo bo o 3-0 da ida para regresar á cuarta categoría do fútbol estatal.
O Celta Fortuna ascende a Segunda División. O filial celeste vence 4-1 á Ponferradina na volta da final do play-off e xogará a vindeira tempada na segunda categoría do fútbol estatal.
Alerta amarela esta tarde por altas temperaturas na conca do Miño en Ourense e no sur da provincia de Lugo, preámbulo da vaga de calor que se prevé desde mañá domingo, na que máis da metade de Galicia terá avisos por calor, algúns deles de nivel laranxa.
O Goberno inicia o procedemento para declarar o Campo de Aragón de Ourense como Lugar de Memoria Democrática, segundo avanzou este sábado o secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez López, nunha visita á cidade.
O Campo de Aragón, situado nos terreos do antigo cuartel de San Francisco de Ourense, foi escenario de numerosos fusilamentos tras o golpe de Estado de xullo de 1936. Segundo a documentación histórica recolleitada no expediente, entre 1936 e 1939 foron asasinadas alí 133 persoas, entre elas o alcalde da cidade, Manuel Suárez Castro, e Erundina Álvarez Pérez, única muller executada neste lugar.
O xuíz Peinado envía a xuízo a Begoña Gómez e retíralle o pasaporte. O maxistrado prohibe á muller de Pedro Sánchez saír de España e obrígaa a comparecer dúas veces ao mes ante o xulgado. O auto argumenta que os escoltas da muller poden axudala a fuxir. "Son medidas desmedidas, desproporcionadas e imposibles de xustificar", di o PSOE. Foto: Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa.
Iberdrola desbota construír a planta de metanol prevista en Begonte e trasládaa a Huelva. Un dos grandes proxectos de enerxía renovable previsto en Galicia, cun investimento duns 500 millóns de euros, acabará finalmente en Andalucía, segundo informa Economía Digital.
As folgas contra o estatuto marco acumulan máis de 270.000 actos médicos suspendidos en Galicia e a Xunta anuncia un plan de continxencia no caso de que pase a ser permanente un paro que este pasado venres tivo un seguimento de case o 25% do persoal na atención hospitalaria de mañá.
Deseño de Sargadelos para o casco do campión do mundo de MotoGP. Álex Márquez lucirá un casco especial para conmemorar o 120º aniversario de Estrella Galicia no gran premio da República Checa que comeza hoxe.
O BOE publica o inicio do proceso para declarar o Vello Cárcere de Lugo como Lugar de Memoria Democrática. Aberto en 1887, supuxo "un avance significativo" nos tratamentos penitenciarios, pero en 1936 virou "nun dos principais espazos de represión política en Galicia".
O xuíz Calama da Audiencia Nacional cita como investigadas as fillas de Zapatero e mais á secretaria do ex-presidente do Goberno de España. A petición da Fiscalía Anticorrupción, o maxistrado argumenta que considera a empresa de Alba e Laura Rodríguez como posible parte dunha trama de influencias e cobros irregulares en cuxa cúspide sitúa o antigo líder socialista, que na súa primeira declaración, este mércores, negou as imputacións