Un disparo da Policía mata un veciño de Cambados ao irromper na súa casa nunha operación contra o narcotráfico. O hospital do Salnés confirmou o falecemento do home, cuxo avogado asegura que o acontecido non foi un tiroteo, xa que o seu cliente carecía de armas, polo que o único disparo foi o policial. A Garda Civil investiga como homicidio uns feitos acontecidos durante unha operación lanzada polos xulgados de Vilagarcía na que, segundo confirma o TSXG, foron detidas 12 persoas. Na imaxe, de arquivo, un vehículo da Policía Nacional.