O xuíz Calama da Audiencia Nacional cita tamén a Zapatero como investigado por delito fiscal e contrabando tras recibir unha taxación das xoias que a Garda Civil incautou no seu despacho por non estar a súa orixe "xustificada nestes momentos", segundo un auto que avanza infoLibre. Faino abrindo unha peza separada pola que lle tomará declaración o mesmo día no que estaba citado polo caso Plus Ultra cando, di, pode "disipar a indiciaria ilicitude da posesión" das xoias "xa sexa acreditando a súa lícita adquisición ou correcta importación". [Imaxe: © Senado]