O Concello de Cedeira fará filla predilecta e dedicará unha praza a Nisa López Amado, unha das fundadoras das Madres de la plaza de Mayo e natural da vila, desde onde emigrou á Arxentina.
O pleno municipal votou de maneira unánime a moción presentada polo goberno de coalición de PSdeG e BNG para honrar a quen foi represaliada polo franquismo. Emigrada xa en Bos Aires, a ditadura militar secuestrou a seu fillo e a súa nora, que nunca máis apareceron.