A Torre de Xesús da Sagrada Familia de Barcelona ilumínase por primeira vez tras a bendición do papa León XIV na misa solemne celebrada no centenario da morte do seu autor, Antoni Gaudí. As obras deste elemento central da basílica catalá culminaron o pasado febreiro e nelas foi clave a pedra fornecida pola empresa lucense PCM Granitos. O evento deste mércores, presidido polo pontífice, estivo acompañado dun maxestoso espectáculo de música, luz e son que finalizou cunha composición da figura do arquitecto a contemplar a obra mediante drons. Nesta ligazón pódese recuperar a gravación íntegra da celebración.