O Leyma Coruña xogará este domingo a final de ascenso á ACB tras gañar a semifinal ao Palencia por 92-81. O equipo coruñés enfrontarase ao Estudiantes, gañador da outra semifinal ante o Oviedo dunha Final Four que se está a disputar na Coruña. Na ACB agardan para a próxima tempada dous equipos galegos, o Breogán, que se mantén, e o Obradoiro, que vén de ascender como primeiro clasificado na liga regular da Primeira FEB. Na imaxe, do propio equipo, tras gañar en cuartos de final.