O BNG confirma o deputado Món Fernández como novo candidato á alcaldía de Ferrol. A asemblea local da formación ratificouno por unanimidade como cabeza de cartel.
O BNG confirma o deputado Món Fernández como novo candidato á alcaldía de Ferrol. A asemblea local da formación ratificouno por unanimidade como cabeza de cartel.
O delegado da Xunta que cesou para ser remudado polo ex-conselleiro Alfonso Villares, novo director de urbanismo do Concello de Lugo. El Progreso adianta que a candidatura de Javier Arias para o posto foi a única presentada ao proceso de selección aberto por Candia o mesmo día en que o Consello da Xunta aprobou o nomeamento do ex-conselleiro do Mar. Na imaxe, Arias canda o conselleiro Diego Calvo durante a toma de posesión de Villares, o pasado martes.
Cidadanía e persoal sanitario mobilízase en varios puntos de Galicia contra as elevadas listas de espera. Convocados por SOS Sanidade Pública, centos de persoas concentráronse ante hospitais e centros de saúde do país contra un problema "que atenta directamente contra a calidade asistencial". Foto: CC-BY-NC-SA CIG.
A Garda Civil sostén que a ex-militante do PSOE Leire Díez comezou a buscar posibles informacións comprometedoras contra xuíces e fiscais a través das 'cloacas' do ex-comisario Villarejo. O levantamento parcial do segredo do sumario que investiga esta presunta trama corrupta amosa como Díez alardeaba de estar conectada coa máxima dirixencia do partido e ter influencias na Fiscalía ou na Policía. Aclarar se as responsabilidades remataban no ex-secretario de organización, Santos Cerdán, ou chegaban máis arriba no organigrama socialista bosquéxase como unha das claves do caso, sobre o que está a informar infoLibre. Na imaxe, Díez comparecendo no Senado en 2025.
Novo bipartito do PP con Vox. Os populares pechan o acordo para volver gobernar en Castela e León coa formación da extrema dereita, á que xa se uniran na pasada lexislatura nunha coalición que acabou rachando. O pacto, na liña dos xa asinados pola formación de Feijóo noutros territorios, outorga a Vox unha vicepresidencia e tres consellerías e contempla diversas promesas contra as persoas migrantes como a discriminación no acceso a servizos públicos, entre outras. Na imaxe, Feijóo durante un mitin da campaña castelá e leonesa con quen será reelixido presidente nesa autonomía, Alfonso Fernández Mañueco [©PP]
‼️ Non nos deas por suposto
🤗 Moitas informacións de Praza nunca existirían sen a comunidade de socias e socios
🤝 Faite de Praza
↪️ Ata o 80% da túa achega anual devólvencho coa declaración da renda
🔗 Por exemplo: achegas 10€/mes e gastas 2€/mes
Portugal vive este mércores unha xornada de folga xeral contra a reforma laboral aprobada en maio polo goberno de Luís Montenegro. O paro é convocado polo principal sindicato do país, CGTP-IN, pero non pola UGT, e afecta principalmente os transportes, a educación e o ensino. As protestas denuncian a flexibilización do despido, a desregulación horaria, a precarización ou recortes na conciliación. Foto: CGTP-IN.
Rueda reafirma ante o presidente catalán e o lehendakari a súa negativa a negociar bilateralmente co Estado o financiamento de Galicia e non acudirá á cita convocada polo Ministerio de Facenda. "O que é de todos decídese entre todos", esgrimiu o titular da Xunta nun diálogo cos seus homólogos de Catalunya e Euskadi, Salvador Illa e Imanol Pradales, organizado polo Cercle d'Economia no marco da súa reunión anual, na que Rueda tamén resaltou que se sente "orgullosamente español e orgullosamente galego" e "se me desen a elixir non sabería que dicir".
O Sergas lanza unha campaña para "concienciar" sobre "acudir a urxencias só cando é necesario" ou "anular unha cita á que non podes acudir" para potenciar o "uso responsable do sistema sanitario". O conselleiro Gómez Caamaño sinala que a iniciativa, baixo o lema Protexamos o que nos protexe, atende a indicadores como un 3,2% de ausencias en citas de Atención Primaria en 2024 ou un 5,69% en consultas hospitalarias e pretende "preservar e engrandecer a sanidade pública galega". Será divulgada dende este mércores nalgúns medios de comunicación e nas redes sociais.
Fronte á represión, educación. As asembleas de profesorado, que continúan cos seus #martes de loit@, solidarízanse cos docentes do País Valenciá.
[Foto IES Val Miñor. Ilustración de @luisoarte]