O Sergas lanza unha campaña para "concienciar" sobre "acudir a urxencias só cando é necesario" ou "anular unha cita á que non podes acudir" para potenciar o "uso responsable do sistema sanitario". O conselleiro Gómez Caamaño sinala que a iniciativa, baixo o lema Protexamos o que nos protexe, atende a indicadores como un 3,2% de ausencias en citas de Atención Primaria en 2024 ou un 5,69% en consultas hospitalarias e pretende "preservar e engrandecer a sanidade pública galega". Será divulgada dende este mércores nalgúns medios de comunicación e nas redes sociais.
- O Defensor del Pueblo advirte ao Sergas do risco de suplir médicos con máis traballo de compañeiros
- O Sergas recorta o soldo de médicos de familia con pacientes coas baixas laborais máis longas
- Contas confirma as eivas na atención primaria: 120 concellos sen pediatra, escaso persoal e longas esperas
- Neuroloxía en Pontevedra e Oftalmoloxía en Lugo encabezan a espera das consultas do Sergas