Fronte á represión, educación. As asembleas de profesorado, que continúan cos seus #martes de loit@, solidarízanse cos docentes do País Valenciá.
[Foto IES Val Miñor. Ilustración de @luisoarte]
Fronte á represión, educación. As asembleas de profesorado, que continúan cos seus #martes de loit@, solidarízanse cos docentes do País Valenciá.
[Foto IES Val Miñor. Ilustración de @luisoarte]
A artista portuguesa Carolina Deslandes, cabeza de cartel da terceira edición do festival Aquí Tamén Se Fala, que se celebra o vindeiro venres 12 de xuño na Coruña. De Ninghures, Apolo 18 e Kid Mount completan o cartel do certame impulsado polo IES Rafael Dieste.
O festival Surfing The Lérez de Pontevedra anuncia que a edición 2026, que se celebra os días 12 e 13 de xuño na Illa do Covo, será a derradeira, despois de case 15 anos de traxectoria. Os seus responsables subliñan a dificultade de manter un festival de entrada gratuíta ante o incremento dos custos nos últimos anos para este tipo de eventos e a falta de apoio institucional, sinalando neste caso o Xacobeo. O derradeiro Surfing The Lérez será unha vez máis unha "romaría" que apostará pola música galega con bandas como The Rapants, Grande Amore, Familia Caamagno, 9Louro, Portosanto ou Galician Army, ademais de Camellos, Colectivo da Silva, Cora Yako, Limboos, Mad Foxes ou Freedonia.
A automobilística SAIC confirma a súa petición para instalarse en Ferrol e nas Pontes. O Consello da Xunta aproba a iniciativa como proxecto industrial estratéxico. Na imaxe, un dos modelos da marca MG, que produce SAIC [©SAIC]
O ex-conselleiro Alfonso Villares é nomeado delegado da Xunta en Lugo tras o arquivo da denuncia por acoso sexual. A decisión vén de facela pública o presidente Rueda tras o Consello da Xunta deste luns, que tamén aprobou outros varios cambios nos segundos niveis do Goberno galego.
A Xunta nomea novo xerente do Sergas ao oncólogo Luis León Mateos en substitución de José Ramón Parada, no cargo desde hai dous anos. [Na imaxe, Luis León co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, nun acto da Asociación contra o Cancro en Boiro, o pasado abril]
As seleccións de fútbol sala regresan dun duplo enfrontamento con Catalunya en Lugo. Os vindeiros 3 e 4 de xullo o Pavillón Municipal de Lugo acollerá senllos partidos Galicia-Catalunya masculinos e femininos no marco do convenio asinado entre as federacións galega e catalá, que contemplaba tamén os encontros xa disputados en 2024 en Santa Coloma de Gramenet. Ata a sinatura deste acordo con Catalunya, a selección masculina de fútbol sala non xogara dende 2008 (fronte ao Uruguai en Ferrol) e a feminina, dende 2017 (tamén contra Catalunya, en Santiago) Imaxe: [© FGF]
Feijóo recupera a petición de que Junts e PNV o voten como presidente do Goberno de España nunha moción de censura na que tamén sería imprescindible Vox. Ofrece "decencia e eleccións", afirma o ex-titular da Xunta, que tras a celebración deses eventuais comicios que, promete, serían "inmediatos", continuaría como presidente en funcións ata a consecución dunha investidura. Afirmouno nunha entrevista en TeleCinco.
Milleiros de persoas ateigan as rúas da Coruña para celebrar o ascenso do Dépor á Primeira División. Dende a mañá houbo concertos nos arredores de Riazor (The Rapants, 9Louro, Lg1do...) e unha marea de afeccionados percorreu unida o traxecto entre o Campo da Leña e o estadio para finalmente recibir o autobús do equipo. Ás 18.30 o Depor recibe ao Las Palmas e ao remate a celebración trasladarase á fonte de Catro Camiños, onde os xogadores chegarán nun autobús. Imaxes: @RCDeportivo
Unha gran manifestación percorreu as rúas de Vigo coincidindo co Desfile das Forzas Armadas presidido polo rei Felipe VI. Convocada pola Plataforma Galiza pola Paz, a marcha denunciou o incremento do gasto militar e participación directa ou indirecta en conflitos bélicos.