As seleccións de fútbol sala regresan dun duplo enfrontamento con Catalunya en Lugo. Os vindeiros 3 e 4 de xullo o Pavillón Municipal de Lugo acollerá senllos partidos Galicia-Catalunya masculinos e femininos no marco do convenio asinado entre as federacións galega e catalá, que contemplaba tamén os encontros xa disputados en 2024 en Santa Coloma de Gramenet. Ata a sinatura deste acordo con Catalunya, a selección masculina de fútbol sala non xogara dende 2008 (fronte ao Uruguai en Ferrol) e a feminina, dende 2017 (tamén contra Catalunya, en Santiago) Imaxe: [© FGF]
- HEMEROTECA (2017) | Galicia golea a Catalunya na reestrea da selección feminina