A Audiencia Nacional especifica que "requiriu documentación" este mércores ao PSOE "no marco da investigación sobre unha presunta trama para desestabilizar procedementos xudiciais contra o partido ou o Goberno". Nun comunicado indica que o procedemento, instruído polo maxistrado Santiago Pedraz, se dirixe contra Santos Cerdán, ex-secretario de organización do PSOE, a ex-militante Leire Díez, o que fora vicepresidente da Junta de Andalucía Gaspar Zarrías, un empresario, un garda civil e dous avogados. Atribúelles posibles "delitos de organización criminal, suborno, revelación de segredos, indución ao falso testemuño, acusación falsa, falsidade en documento mercantil, prevaricación, tráfico de influencias e contra as institucións do Estado.
Sinala, asemade, "indicios" contra Juan Manuel Serrano, ex-presidente de Correos, o deputado socialista Juan Francisco Serrano e a xerente da secretaría de organización do partido, Ana Fuentes. Na imaxe, a sede da Audiencia Nacional, na madrileña rúa de Génova [© Poder Xudicial]