Pedro Sánchez reafirma o seu apoio a Zapatero: "Non hai motivos para cambiar de posición" tras ler o sumario do caso en que está investigado, resalta o presidente do Goberno de España. A respecto dos requirimentos de información da Garda Civil na sede do PSOE este mércores brinda "total colaboración" e afirma que "se hai comportamentos irregulares novos, actuaremos coa mesma contundencia" que en anteriores ocasións con membros do partido investidos pola Xustiza. Sobre un eventual adianto das eleccións xerais, o líder socialista reafírmase na continuidade da lexislatura ata a súa fin en 2027 en aras da "estabilidade" e de "culminar proxectos moi importantes".
Sánchez respondeu ao respecto en conferencia de prensa en Roma tras reunirse co papa en Roma, a quen enxalza como "compás moral na loita contra a inxustiza" en vésperas da visita de León XIV a España.