Abel Caballero anuncia a inminente reforma da tribuna de Balaídos para poder acoller o Mundial e o pleno do Concello de Vigo pide a Xunta e Deputación que cofinancien a obra. O alcalde asegura que os traballos comezarán dentro dunha semana.
Abel Caballero anuncia a inminente reforma da tribuna de Balaídos para poder acoller o Mundial e o pleno do Concello de Vigo pide a Xunta e Deputación que cofinancien a obra. O alcalde asegura que os traballos comezarán dentro dunha semana.
Clamor contra Ence e Altri na marcha anual contra celulosas en Pontevedra. A mobilización da Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra, unida a colectivos como Ulloa Viva, Adega ou Greenpeace, culminou este ano cun acto festivo para esixir "unha ría sen Ence" e tamén "o arquivo definitivo do proxecto" da compañía portuguesa en Palas de Rei. [Imaxe: Greenpeace Galicia]
MeteoGalicia activa avisos amarelos por treboadas en toda a provincia de Lugo dende as 15h a medianoite e na maior parte da da Coruña das 18h ás 21h. Agárdanse "chuvascos treboentos localmente fortes con posible sarabia", advirte.
PSdeG e BNG manterían os seus gobernos en Vigo, A Coruña, Santiago e Pontevedra e mais recuperarían o de Lugo perdido na moción de censura do PP coa tránsfuga, segundo as enquisas de Sondaxe publicadas este domingo por La Voz de Galicia. Estes inquéritos proxectan tamén a reedición da absoluta dos populares en Ferrol e a primeira posición dunha DO descendente en Ourense nun contexto xeral de subas do PP e do Bloque. Nas vindeiras municipais, o 23 de maio de 2027, Santiago e Lugo pasarán a elixir tamén corporacións de 27 edís, dous máis que ata agora, polos incrementos de poboación, e só a pontevedresa e a ferrolá continuarán con 25.
O Celta ratifica a súa segunda participación consecutiva na Europa League. O conxunto vigués pecha a Liga con vitoria 1-0 fronte ao Sevilla en Balaídos e certifica a sexta posición que garante volver xogar a competición continental na temporada 26-27. O éxito deu lugar a unha noite de festa entre a afección celeste. [Imaxe: © RC Celta]
⚽️ A mellor xogadora de fútbol praia do mundo é galega. Andrea Mirón vén de ser recoñecida na gala dos premios Beach Soccer Stars 2025. Pontevedresa e capitá da selección española, foi tamén incluída no cinco ideal da tempada e un dos seus goles, entre os dez finalistas a mellor tanto.
O BNG ratifica a Goretti Sanmartín como candidata á reelección na alcaldía de Santiago. "Vai recibir o apoio maioritario", afirma Ana Pontón, quen augura un futuro mandato no que "poñer o turbo ao proxecto de progreso para esta cidade" tras un primeiro período na alcaldía no que "demostrou liderado, valentía e capacidade" malia o que considera unha "oposición destrutiva". Santiago, sostén Pontón, "non necesita bandazos, nin volver atrás" senón "a estabilidade dun goberno do BNG que funciona e a ambición dun proxecto político que está pensado para construír Santiago en grande", resaltou no acto de presentación.
A chegada de aire africano provoca que a Xunta active un aviso por po sahariano. O empeoramento da calidade do aire este venres e na fin de semana, e o aumento da concentración de partículas en suspensión recomenda reducir a actividade ao aire libre entre a poboación máis vulnerable.
Jácome perde a cuestión de confianza asociada aos orzamentos do Concello de Ourense, que quedarán aprobados inicialmente se nun mes PP, PSdeG e BNG non pactan unha moción de censura para desbancar o goberno de Democracia Ourensana. Populares, socialistas e nacionalistas votaron en contra das contas municipais no pleno desta mesma mañá, tras o cal o rexedor convocou outro urxente para a cuestión de confianza.
A Audiencia Nacional bloquea as contas bancarias de Zapatero. O xuíz Calama fixa o bloque de saltos ata os 490.780 euros, o importe que recibiu da mercantil Análisis Relevante. Foto: CC-BY-SA Goberno de Arxentina.