O BNG ratifica a Goretti Sanmartín como candidata á reelección na alcaldía de Santiago. "Vai recibir o apoio maioritario", afirma Ana Pontón, quen augura un futuro mandato no que "poñer o turbo ao proxecto de progreso para esta cidade" tras un primeiro período na alcaldía no que "demostrou liderado, valentía e capacidade" malia o que considera unha "oposición destrutiva". Santiago, sostén Pontón, "non necesita bandazos, nin volver atrás" senón "a estabilidade dun goberno do BNG que funciona e a ambición dun proxecto político que está pensado para construír Santiago en grande", resaltou no acto de presentación.
- Ascensión con arrecendo a polbo e a municipais 2027
- Santiago avanza nun parque público de alugueiro coa rehabilitación de edificios abandonados
- HEMEROTECA | Vivenda, servizos sociais e adaptación ao cambio climático, prioridades do goberno de Santiago para 2025
- HEMEROTECA | "Temos a responsabilidade de sermos espello de políticas transformadoras que digan: así actúa o BNG"