Nova folga este sábado en Galicia no comercio téxtil contra o convenio estatal que negocia a patronal ARTE cos sindicatos CCOO e Fetico. CIG e UGT convocan un novo paro "contra os recortes" deste acordo, aínda non ratificado. Tamén haberá mobilizacións na Coruña, Vigo, Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense a partir das 11 da mañá. Será a sétima folga na provincia da Coruña e a terceira en todo o país nas últimas semanas.