UGT advirte de que as medidas de Down Vigo para "tentar paliar un déficit orzamentario duns 200.000 euros" poñen "en risco os valores" da entidade. "Reducir as prestacións, despedimentos e externalizar servizos" xunto a unha "suba de cotas e incremento de custos por servizp", advirten nun comunciado, son "medidas puramente de mercado, erróneas na formulación e insolidarias no contido" que, coida o sindicato, "levarán á desaparición de Down Vigo e do que representa" unha "asociación referente na comarca", con "case 50 persoas traballadoras que prestan servizo a máis de 200 con discapacidade intelectual e síndrome de Down". Na imaxe, detalle da inauguración da sede da entidade na Rúa Real de Vigo, a finais de 2025.