Nova xornada de folga e manifestación no metal da provincia de Pontevedra, con máis de 2.000 persoas nas rúas de Vigo. A patronal convocou mañá a CIG, CCOO e UGT para tratar de alcanzar un preacordo para un novo convenio colectivo. De non haber avances significativos na xuntanza, os sindicatos anuncian que levarán as mobilizacións a Navalia. O metal da provincia da Coruña convocou tamén folga para o día 19. Foto: CC-BY-NC-SA CIG.