Un tribunal estadounidense suspende as sancións do goberno de Trump contra Francesca Albanese, a relatora especial da ONU para os territorios palestinos ocupados por Israel. "Como di o xuíz, protexer a liberdade de expresión sempre é de interese público", destaca ao facer público o ditame, ao tempo que agradece ao seu marido e á súa filla os esforzos no litixio. Albanese recibiu a comezos deste mes de maio a Orde do Mérito Civil do Goberno de España de mans de Pedro Sánchez "polo seu extenso traballo documentando e denunciando as violacións do dereito internacional en Gaza". Imaxe: [© ONU]
- HEMEROTECA | "Hai ferramentas para deter violacións de dereitos. Fíxose con Rusia e non vexo por que non se podería facer con Israel"
- HEMEROTECA | "A postura americana é aterradora, a europea incoherente. Ensinarase Gaza como o momento clave do declive moral de Occidente"
- HEMEROTECA | "A sociedade civil organizada é unha arma de construción masiva, podemos cambiar as cousas"
- HEMEROTECA | "A resistencia en Gaza é o único que queda porque non teñen armas, nin exército, nin apoio político ou económico"