Pontevedra volverá acoller os Premios Feroz en 2027. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a vicepresidenta segunda da Asociación de Informadores Cinematográficos de España, Elena Sánchez, confirmaron a extensión do acordo tras dúas edicións "máis que satisfactorias". "Os Feroz sitúan a marca Pontevedra nun escaparate inigualable, que permite visibilizar o talento local e o talento galego", destaca Lores, mentres que a AICE avanza que nesta terceira edición as actividades previas á gala serán máis amplas. [Imaxe: © Concello de Pontevedra]