Masiva manifestación en Vigo pola segunda xornada da folga do metal na provincia de Pontevedra "en demanda de convenios colectivos dignos que melloren as condicións laborais". CIG, CCOO e UGT resaltan que o sector no que traballan unhas 10.000 persoas na provincia "leva ano e medio co convenio caducado e coas negociacións rotas dende xaneiro" despois de que os tres sindicatos "abandonasen as conversas ante a pretensión do empresariado de eliminar a cobertura do 100% dende o primeiro día en caso de baixa por incapacidade temporal". A folga continúa con outras tres xornadas a semana vindeira, os días 19, 20 e 21. [Imaxe: BNG Vigo]