O Poder Xudicial rexeita suspender o traslado forzoso de maxistrados do TSXG que paralizaron parques eólicos. Xuíces pola Democracia e Luís Villares, un dos afectados, denuncian unha "quebra irreparable" da independencia dos xuíces e dos "principios esenciais do Estado de Dereito". Considera que non hai "prexuízo real" en agardar a que se resolvan os recursos presentados.