O PP perde a absoluta en Andalucía pero mantén a folgada primeira posición nun Parlamento con ampla maioría de dereitas. Os de Moreno Bonilla quedan con 53 escanos, 5 menos que hai catro anos e dous por baixo da absoluta tras caer algo máis de punto e medio. Mentres, a extrema dereita de Vox medra algo menos de medio punto e un escano ata 15, pero recupera influencia. Pola esquerda o PSOE, segunda forza, cae dous escanos e algo máis que un punto mentres que a formación andalucista de Adelante Andalucía cuadriplica resultados, de 2 a 8 escanos, e Por Andalucía, a coalición da que participan IU, Sumar e Podemos, queda cos 5 escanos que tiña.