A Universidade de Vigo celebra este venres a segunda volta das eleccións ao Reitorado. 21.179 integrantes da comunidade universitaria están convocados para elixir a primeira reitora da historia da institución: Carmen García Mateo (Nós Universidade) ou Belén Rubio Armesto (H2040). Na primeira volta, a candidata de Nós Universidade obtivo máis apoios, co 40,3% dos votos ponderados, fronte ao 33,9% de Belén Rubio e o 25,8% de Jacobo Porteiro, que fica polo tanto fóra da segunda volta. As urnas estarán abertas entre as 10 e as 18 horas e os resultados do escrutinio publicaranse en tempo real nesta web.