O Colexio Médico de Pontevedra equipara a resposta dunha enfermeira cos consellos das redes sociais ou da intelixencia artificial nunha campaña publicitaria para animar a confiar nos consellos médicos. CIG-Saúde, sindicato maioritario no Sergas, esixe a "retirada inmediata" e unha "desculpa pública explícita ao colectivo enfermeiro". CCOO censura o que considera un "desprestixio e menosprezo ao labor profesional da enfermaría" e un "ataque directo á dignidade desta profesión".O cartel está a ser difundido a través de internet e, cando menos, tamén nun diario impreso [Imaxe: Colexio Médico de Pontevedra]
- HEMEROTECA | Galicia segue perdendo enfermeiras por emigración mentres precisa 10.000 para acadar a media da UE
- HEMEROTECA | O desleixo do Sergas coas enfermeiras tamén nas súas fundacións: un retrato xudicial
- HEMEROTECA | A enfermaría volve á rúa para denunciar o "uso abusivo de contratos precarios" no Sergas