Eva López Tarrío, nova directora do Centro Galego de Arte Contemporánea. A Consellería de Cultura confirma que esta doutora en Belas Artes e catedrática de Ensino Secundario é a gañadora do proceso de libre designación entre funcionariado de carreira que ergueu múltiplas críticas no sector artístico e cultural. A este procedemento, di a Xunta, concorreron "nove candidaturas" e destasca da elixida que ten "experiencia contrastada en liderado de equipos, planificación estratéxica, innovación educativa e coordinación institucional, ademais dunha ampla actividade paralela no eido artístico e curatorial" e "a súa propia obra artística". [Foto: CC BY-SA Xunta]