A Federación Galega de Fútbol saca á venda unha réplica da primeira camiseta da selección galega de fútbol, inspirada nos primeiros uniformes que luciu o combinado hai máis dun século. A edición é limitada e venderase só ata esgotar existencias.
A Federación Galega de Fútbol saca á venda unha réplica da primeira camiseta da selección galega de fútbol, inspirada nos primeiros uniformes que luciu o combinado hai máis dun século. A edición é limitada e venderase só ata esgotar existencias.
Eva López Tarrío, nova directora do Centro Galego de Arte Contemporánea. A Consellería de Cultura confirma que esta doutora en Belas Artes e catedrática de Ensino Secundario é a gañadora do proceso de libre designación entre funcionariado de carreira que ergueu múltiplas críticas no sector artístico e cultural. A este procedemento, di a Xunta, concorreron "nove candidaturas" e destasca da elixida que ten "experiencia contrastada en liderado de equipos, planificación estratéxica, innovación educativa e coordinación institucional, ademais dunha ampla actividade paralela no eido artístico e curatorial" e "a súa propia obra artística". [Foto: CC BY-SA Xunta]
Altri presenta alegacións contra o arquivo do seu proxecto en Palas de Rei. A empresa alega que a planta sería "enerxeticamente autosuficiente" e que a conexión eléctrica externa da que foi privada "non constitúe un elemento esencial". Máis información, decontado en Praza.gal.
Zapatero, imputado por blanqueo de capitais no caso Plus Ultra. A Audiencia Nacional decide investigar o ex-presidente do Goberno de España nunha causa que investiga un presunto lavado de diñeiro do rescate público de 53 millóns da aeroliña. Tamén se lle imputan presuntos delitos de organización criminal, falsidade documental e tráfico de influencias. Foto: CC-BY-SA Goberno da Arxentina.
UGT advirte de que as medidas de Down Vigo para "tentar paliar un déficit orzamentario duns 200.000 euros" poñen "en risco os valores" da entidade. "Reducir as prestacións, despedimentos e externalizar servizos" xunto a unha "suba de cotas e incremento de custos por servizp", advirten nun comunciado, son "medidas puramente de mercado, erróneas na formulación e insolidarias no contido" que, coida o sindicato, "levarán á desaparición de Down Vigo e do que representa" unha "asociación referente na comarca", con "case 50 persoas traballadoras que prestan servizo a máis de 200 con discapacidade intelectual e síndrome de Down". Na imaxe, detalle da inauguración da sede da entidade na Rúa Real de Vigo, a finais de 2025.
Rueda censura que a manifestación de Queremos Galego no Día das Letras "tiña moito de político e ese non é o camiño". O presidente da Xunta reprocha que na mobilización houbo "moitas bandeiras e símbolos dun determinado partido político" cando "o galego é de todos", sinala nun contexto no que reitera que a Xunta prevé presentar a súa proposta de "gran pacto pola lingua" antes "de que remate este primeiro semestre do ano". "Agardo que todos aqueles que queiran acordar estean á altura", agrega. [Imaxe: CC BY-SA David Cabezón]
🛰️ Onte era Día das Letras Galegas e a portada de Praza estaba en galego. E todas as informacións
👅 ✅E hoxe? Tamén, claro
↪️Ata o 80% devólvencho na declaración da renda
💻🎁 E ademais, se te fas de Praza.gal antes de que remate o mes, levas de balde un dominio .gal e un servizo de hosting grazas á colaboración coa Asociación de Medios en Galego, PuntoGal e Dinahosting.
Raquel Arias remudará a Elena Candia na vicepresidencia do Parlamento. Quen fora rexedora de Sober e delegada lucense da Xunta remudará a Candia tras a súa marcha obrigada do lexislativo polo triunfo da moción de censura do PP coa tránsfuga no Concello de Lugo, toda vez que a condición de alcaldesa é legalmente incompatible coa de deputada. Arias xa foi parte da Mesa do Parlamento na lexislatura iniciada en 2016, ano no que competiu coa propia Candia polo liderado provincial do PP.
O PP perde a absoluta en Andalucía pero mantén a folgada primeira posición nun Parlamento con ampla maioría de dereitas. Os de Moreno Bonilla quedan con 53 escanos, 5 menos que hai catro anos e dous por baixo da absoluta tras caer algo máis de punto e medio. Mentres, a extrema dereita de Vox medra algo menos de medio punto e un escano ata 15, pero recupera influencia. Pola esquerda o PSOE, segunda forza, cae dous escanos e algo máis que un punto mentres que a formación andalucista de Adelante Andalucía cuadriplica resultados, de 2 a 8 escanos, e Por Andalucía, a coalición da que participan IU, Sumar e Podemos, queda cos 5 escanos que tiña.
Faite de Praza neste mes das Letras e leva un .gal de balde. Todas as persoas que se fagan socias de Praza.gal dende o propio Día das Letras, 17 de maio, e ata o día 31 do mesmo mes -incluído- disporán dun dominio .gal e dun servizo de aloxamento web -hosting- durante un ano completamente de balde. Ou, o que é o mesmo, un agasallo valorado en algo máis de 170 euros. Moitas das cabeceiras informativas que traballan cada día en galego colaboramos na Asociación de Medios en Galego que, un ano máis, xunta esforzos con PuntoGal, a entidade xestora do dominio galego en internet, e mais coa provedora de servizos Dinahosting para celebrar cun agasallo especial o xornalismo en galego mediante a iniciativa Subscríbete ao galego